domingo, 21 de abril de 2013
Aroma de rapante
Como boa viguesa gústame o cheiro a peixe. Subir á torre do concello de Vigo e esnifar cara ó Berbés, ir ós mercados e ás peixerías, gústame o cheiro a mar.Non me molesta. Cando vivía no interior, non aturaba que me fileteasen os linguados ou os gallos, parece que hai xente tan pouco afeita a comer peixe que non atura as espiñas. Tamén vin alucinada como a xente botaba ketchup ou mahonesa nos filetes de pescada. Costumes indecentes que en Vigo nunca vin.
Tampouco me molesta demasiado o olor a peixe fritido ou a caldeirada cando entras nun restaurante ou cando o preparo eu. Non sei como tan mala prensa ten.
Se cadra porque Süskind o demonizou, ou porque nos Luns ó sol a muller de Luis Tosar non daba quitado aquela peste do corpo por máis que fregaba nel.
Só hai un olor a peixe que non podo aturar e é o do rapante, penso que o descurbriría a un quilómetro. Noxento, plano, gris, sen xeito, con esa pel traslúcida cru e con esa cor beige cando xa está feito, non podo con el.
Por razóns que non veñen ó casó, ás veces a miña colada se impregna dese noxento fedor, que me estraga boa parte da mañá...e entón cando entendo á pobre Nieve de Medina refregando na pel para quitarse de enriba ese molesto aroma de Poisson.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario