Vistas de página en total

domingo, 28 de abril de 2013

Artículo 40, parado rico, parado pobre!

Ás veces semella que hai parados ricos e parados pobres. Estamos todos preocupados por Pescanova, por NCG, por Vulcano, por Barreras e as pequenas qué? Desde hai tempo as leis laborais, permíteno case todo. Desde os noventa xurdiron as novas perversións laborais: o management, o outsourcing, a flexibilidade laboral e mil palabras absurdas máis que só serven para redenomina-la nova escravitude laboral. Deslocalizar,redimensionar son outras das novas putadas laborais moi en boga. A reforma laboral abriu a billa a novas formas de perversión. En principio a deslocalización e a redución de persoal poderían supoñer a redución de custes tan necesaria neste tempo. Probablemente a falta de vendas obrigue a algún destes cambios. Estou certa que nestes tempos hai moitos empresarios que gozan como carrachos pensando como asoballa-los seus traballadores grazas a esta nova reforma laboral. Mentres se estomballan nunha cadeira de brazos de coiro, cun güisqui on the rocks ou un gin tonic rañando nos ovos como só eles saben facer. Hainos que só se dedican a isto. Nos últimos tempos estou abraiada co artículo 40. Traslado obrigatorio de persoal, pasoulle a dúas persoas da miña familia. Con soldos exiguos, e horarios indecentes é o propio traballador o que decide abandona-lo traballo polo seu pé. Parece un "golpe maestro", indecente pero "maestro". Son as cousas que fai SEIRT ou que quere facer UNÍSONO mentres todo o mundo cala. Só hai algo un pouco peor:o mobbing...

No hay comentarios:

Publicar un comentario