martes, 9 de abril de 2013
O presidente karaoke
Mariano é un presidente karaoke. Non dá a cara, fala a través dunha pantalla.Cando gobernaba Aznar moito se criticaban as rodas de prensa sen preguntas. Agora xa chegamos ó paroxismo.O máis do máis, como os vídeos de "Lo que necesitas es amor". Mariano fala desde a pantalla.
Que nos sorprende?
Tamén o facemos nós. Teño estado con xente a menos dun metro que en vez de falarme me manda un whatsApp, teño recibido ofertas para tomar café que me terían prestado máis nun locutorio ou nun take away, xa que unha vez pedido o café a outra persoa veña que fedellar no ipad, non sei se estaría respostándolles ós seus followers, cambiando o seu estado no feisbuk , mandando whatsApps ou poñendo "greguerías" no twitter; tanto me ten. O caso é que a piques estiven de erguerme sen lle dicir nada. Bo, gañas tiña de mandarlle un whatsApp deses cun zurullo, ou etiquetalo nun estado do fesibuk no que a mandaba ó carallo, ou dicirlle que fose a rañala polo twitter, pero non fun quen.
E os dispositivos chámanse táctiles, cando de tacto de voz e de son, cada vez menos...Non critiquemos a Mariano, é tan só un de nós.
" Enviado desde mi Ipad"( ;)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario