Vistas de página en total

domingo, 26 de mayo de 2013

O perigo dos ex

Sempre queren volver, teiman e teiman naqueles tempos pasados que xa nunca volverán; pero eles andan cegos ou alomenos choscos reeditando nos seus neuróticos cerebros os días das vellas glorias, que nunca tales foron. Cando eu era xefe, cando eu era presidente cando eramos mozos, "dime cuándo, cuándo, cuándo..." E esta semana tocou rebu-aznar, e alá chegou a Antena 3 o Chemari, o home aquel do bigote portugués, do rostro hiératico,do acento nasal de dobraxe iberoamericana de debuxos animados. E o oráculo falou, falou porque quixo di unha e outra vez a quen o quera escoitar Rafa Cuíña no seu facebook e no Correo Galego de onte a quen o queira ler. O parvo de León, o home que nos meteu na guerra de Irak, o que miraba a outro lado cando o Prestige, quere agora darnos lecciós*. Aquel home feo, pequerrecho,como un debuxo animado mal feito dos Hernández e Fernández, de Hergé.Aquel señor que dixo que era ETA , cando era Al Qaeda, aquel home que puxo a Mariano de sucesor e que fixo que perdera as eleccións. O Aznar que non sabía ou non quixo saber que pasaba no despacho de Bárcenas, o Aznar que anima a beber e a conducir, o que se beneficia da Gürtel e o que casa a filla como se dunha princesa se tratase, aínda que fose unha ra. E vai o jicho e ven a darnos leccións; e digo eu de qué? Será de pilates ou de abdominais? Pois se é diso que se absteña que moito noxo dá por máis fraco que estea !

No hay comentarios:

Publicar un comentario