viernes, 10 de mayo de 2013
Onde metemos os nosos fillos?
O Colexio Santa Cristina de Vigo despois de dous meses de bochornoso silencio sobre un caso que revolveu o país todo decidiu falar hoxe.
Os pais dun neno de dez anos denuncian un acoso escolar que tivo como resultado máis grave unha fisura de pene tras unha patada. A directora do colexio non colle o teléfono para precisar ou desmentir. Nos xulgados agóchase e non dá a cara nunca.Hoxe tampouco vímo-lo seu rostro. Para dar unha rolda de prensa na que básicamente se leu un comunicado envía dous avogados e un secretario da patronal dos centros de ensino privado.
Unha persoa que xestiona os estudos dos nosos fillos que probablemente dá clases non sabe explicar cando, como e por que se actuou neste caso se se fixo. Por que se agocha? Tan difícil é explicar qué pasou.
A verdade é que eu non teño fillos pero gustaríame moi pouco que estivesen nun centro que tan mal se sabe explicar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario