jueves, 20 de junio de 2013
Perdidas nas Cíes, avance verán
As protagonistas da serie están fartas de pasar frío en Cíes e rosman porque o verán non dá chegado.
Só hai algo positivo de todo isto, polo de agora a patulea esa toda que invade as illas no verán cos seus bocatas de tortilla aínda non puxera un pé en Rodas pensa Pija.
Choni non aturaba máis, quería poñerse xa aquelas minisaias de volantes de Zara Kids e aquelas botas de skai branco que non deixaba de poñer en canto comezaba a calor. Esta chiña padece de horterosclerose pensaba para sí Pija, glosando a gran Retrinque.
O programa de receitas non dá despegado, queren facer algo parecido a Máster Chef, pero aquilo acaba sendo Operación Samanta.
Maruja pensa que está enferma e pasa longas tempadas no cuarto de baño, cando a súa afección é cíclica de luns a mércores e chámase resaca, aínda que había anos que xa non lembraba os síntomas.
Maruja empéñase en ensina-lo público a preparar un polbo á feira, algo que a Choni e Pija parécelles absurdo, Choni pensa que calquera sabe cocer un polbo, e Pija pensa que o mellor é come-lo nun bar. Hai que gravar en sitios distintos pensa Maru podíamos ir ó Mac Donnald´s ou ó Lizarrán, mentres que Choni se tira das mechas sen parar.
O programa deportivo tamén vai de mal en peor,non teñen nin idea, e aínda que un equipo externo lles asesora aquilo é un desastre absoluto.
-Por qué o Celta B xoga co Castellón A? O A xogará co A non?
-Por qué este ano na Eurocopa non xoga Uruguai?
-Qué é un córner?
Pero o peor de todo foi cando nunha conexión unha delas confunde a Lance Armstrong co Neil Armstrong, estás entre a lúa e a póla dille o entrevistado...
A últimas lesións nas Illas obrigan a abri-lo botiquín que sigue baixo chave, pero agora xa nin Maru sabe onde están as chaves, no fondo do mar, como na canción?
Continuará....?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario