domingo, 9 de junio de 2013
O bolero de R´ Abel
Eu pensaba que Ramón Abel, de agora en diante, R´Abel era máis de boleros alá en cas Gayoso preto de Cabo Estai, pero agora seica se afeccionou ó agarrado porque botar un baile vestido de gaiteiro ou non, sempre é obxecto de portada do Faro e de chufla ou cuchufleta no Atlántico Diario e na Voz; se cae, ou aquela mal, se cadra pode ser trendic topic nalgunha rede social.
E querido Abel vai botar un pasodobre ós pés do sereo da Porta do Sol, será o dezanove de xuño e será ó son da Orquestra Panorama. Abraian é? Esta cidade é moi rara, como tamén o é o noso país. Outros levan empanada, ou viño do país, pero o "dancing queen" ten un gran predicamento político senón que llo digan ós de Cangas que hai uns anos o PP pelexou cos nacionalistas por leva-los vellos a bailar( ía poñer votar, non sei por que).
Si queridos vigueses o 19 todos podemos bailar ó ritmo de Abel, ó ritmo da Panorama e ó son dunha cidade que malia ser de primeira non consegue convencer ós nosos políticos de que merece as infraestruturas para dar servizo a unha urbe deste rango.
A verbena aérea para pedir igualdade de trato co resto dos aeródromos galegos, malia o chusco, ten moita razón de ser. O aeroporto de Vigo fixérono os nosos avós, cos nosos impostos en Galicia subvencionamos conexións aéreas e logo temos que viaxar por Santiago ou pola Coruña. A verdade é que mola ser vigués. A área poboacional de Galicia con maior número de persoas e que puteada está, xa nos caímos do AVE que xa conecta a Coruña con Santiago e Ourense e baleiro vai, xa nos caímos do porto nodal, cando o acadaron outros portos menos importantes ca nós. Sabemos perfectamente que partidos votaron para que Vigo non estivera. E qué pecado cometimos nós?
Vése que coas manifas e coas rodas de prensa xa nada se amaña, non. Nós vémonos nas urnas e se cadra na Porta do Sol, ,merda de país mantido de forma artificial e con respiración asistida a cousas que nunca funcionarían de por si, mentres se castiga as que funcionarían mellor de respetarse a libre competencia.
Agora o Ministro de Injusticia quere leva-lo partido xudicial a Pontevedra e pecha-los xulgados de Vigo? Pode ser, aquí todo vale.
Acaban de pecha-los cines de Pontevedra, se cadra Louzán non se decatou, podería subvenciona-los do Lérez a un euro e pecha-los de Vigo para que fosemos alá, xa me fode darlle ideas, pero o nivel de surrealismo anda aí, aí...
Eu vou tentar evadirme e ir pensando xa qué bailar na Porta do Sol: Volare, Santa Marta tiene tren ... y Vigo no, o quizá el Tin Chin Tin que compuxo Feijóo cando lle outorgou o Premio Castelao a Carlos Núñez e The Chieftains!!! Qué difícil é ser vigués!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario