Vistas de página en total

sábado, 29 de junio de 2013

Os chimpóns

Meu pai chama chimpóns a todos aqueles que andan de choio en choio, de cargo en cargo, que só campan e viven da apariencia. Os chimpóns sempre amarran, sempre "pillan cacho". Hai quen di que pillado un cargo xa estás aí na pole position e nunca deixas de subir ou alomenos de movereste en horizontal e a verdade que si que iso pasa; vémolo tódolos días. Do ministerio, ó consello de administración de Leman Brothers ó Ministerio e tiro porque me toca. E logo ves, miras ( no meu caso) que méritos ten a xente esta? E decátaste que ningún, nin sequera lle teñen querencia, arrimo ou apego a eses choios que consiguen by the face. Estou no móbil, non estou, estou reunido non vou coller son frases típicas do guión vital dos chimpóns. O seu é outra cousa: andar de "chimponeo", de relacións sociais, mandaricar, gobernichar e cobrar moito. Non habería crise sen chimpóns...

No hay comentarios:

Publicar un comentario