martes, 4 de febrero de 2014
Cantar Las Cinco Jotas
Son moi fan do responsable das Cinco Jotas, se cadra porque vivín cincos anos en Navarra. José Manuel Costas é un "cantaclaro" dos que xa non se ven. Un discípulo de Bárcenas que está disposto a arrasar con todo antes de caer el.E penso que ten razón, máis que Bárcenas; porque Bárcenas era militante e senador daquel partido e beneficiouse abondo del ,tal e como o acreditan as súas contas en paraísos fiscais.Os J &C agochan tras ese nome de whisky unha aparente miseria.Con eses xerséis cheos de albóndigas e aquela maleta de cartón das que levaban os nosos bisavós á emigración.Os Js qué curioso: os nomes do pai e dos catro fillos empezan por J pola mesma letra como esixe algunha cultura ou relixión!Os jotas que nin sequera parecen ir a esquiar a Manzaneda...Foron no seu día a empresa de referencia das casas de madeira na bisbarra de Vigo, simpatizantes do BNG e cunha empresa nun terreo de Candeán na que houbo irregularidades urbanísticas.Daquela ninguén criticaba ós Jotas, eran riquiños, agora o conto cambiou. Os Jota non sei cando nin por qué entraron ó grande no negocio da construción.E disque seica que contan por aí, que este negocio vai así:cartos en negro, cartos en B, cartos en J? e xa non houbo volta atrás.Eu non poría a man no lume nin por un político nin por un construtor porque penso que todos o fan.Necesito 50.000 para o concellal, que sexa en billetes de 100 que os de 500 non os queren, e veña que chamar ó banco e veña que chamar ó partido, a tódolos partidosa ver canto queren e cómo e veña que ir ó banco coa bolsa do Gadis ou do Froiz para colle-las quiladas que estes señores esixían por da-las obras.E agora non quere caer só, e se cadra fai ben porque parece que con todo o quepasou polas súas mans, nin sequera lle deu para mercar unha Sansonite...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario