Vistas de página en total

561,106
Mostrando entradas con la etiqueta Corrupción política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Corrupción política. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de febrero de 2014

"Patos" á auga

Máis dun ano levaban detrás deles. E hoxe foi o día. Coordenados pola xuíza do sete de Vigo: Carmen García Campos membros do Grupo de Delincuencia Financeira e Fiscal da UDEF da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Coruña entraron esta mañá en dependenzas da Xunta en Vigo, da Deputación de Pontevedra e dos Concellos de Vigo, Pontevedra, Ponteareas, e Nigran, Santiago e Ourense para recabar documentación sobre obras. Foron dezasete rexistros entre empresas e institucións, e cinco detidos, agora en Comisaría, entre eles un concelleiro de Nigrán. No concello de Vigo remataban contra as seis e media. Xa tardaba que alguén puxese o obxectivo aquí. Entre as empresas supostamente implicadas CESPA e Eiriña.

martes, 4 de febrero de 2014

Cantar Las Cinco Jotas

Son moi fan do responsable das Cinco Jotas, se cadra porque vivín cincos anos en Navarra. José Manuel Costas é un "cantaclaro" dos que xa non se ven. Un discípulo de Bárcenas que está disposto a arrasar con todo antes de caer el.E penso que ten razón, máis que Bárcenas; porque Bárcenas era militante e senador daquel partido e beneficiouse abondo del ,tal e como o acreditan as súas contas en paraísos fiscais.Os J &C agochan tras ese nome de whisky unha aparente miseria.Con eses xerséis cheos de albóndigas e aquela maleta de cartón das que levaban os nosos bisavós á emigración.Os Js qué curioso: os nomes do pai e dos catro fillos empezan por J pola mesma letra como esixe algunha cultura ou relixión!Os jotas que nin sequera parecen ir a esquiar a Manzaneda...Foron no seu día a empresa de referencia das casas de madeira na bisbarra de Vigo, simpatizantes do BNG e cunha empresa nun terreo de Candeán na que houbo irregularidades urbanísticas.Daquela ninguén criticaba ós Jotas, eran riquiños, agora o conto cambiou. Os Jota non sei cando nin por qué entraron ó grande no negocio da construción.E disque seica que contan por aí, que este negocio vai así:cartos en negro, cartos en B, cartos en J? e xa non houbo volta atrás.Eu non poría a man no lume nin por un político nin por un construtor porque penso que todos o fan.Necesito 50.000 para o concellal, que sexa en billetes de 100 que os de 500 non os queren, e veña que chamar ó banco e veña que chamar ó partido, a tódolos partidosa ver canto queren e cómo e veña que ir ó banco coa bolsa do Gadis ou do Froiz para colle-las quiladas que estes señores esixían por da-las obras.E agora non quere caer só, e se cadra fai ben porque parece que con todo o quepasou polas súas mans, nin sequera lle deu para mercar unha Sansonite...