Vistas de página en total

domingo, 16 de noviembre de 2014

Quen matou a Mónica Triáns?

Aínda non se sabe, como tampouco soubemos ata o final quén matou a Laura Palmer ou se Harry Quebert foi o asasino de Noa.O asasinato de Mónica Triáns é o fío condutor da nova serie da Galega Serramoura, cunha trama adictiva e grandes interpretacións.A serie lembra tamén á española "Desaparecida" na que en cada capítulo o asasino parecía ser un personaxe diferente.Aquí o misterio tamén pivota sobre identidade de Mónica Triáns, quen era realmente e quen coñecía en Serramoura a súa orixe.A ficción está dirixida por Miguel Conde, curtido en Produtora Faro e director tamén da precuela de Gran Reserva, que tan boa foi e tan pouco éxito tivo, ao se programar nas sobremesas dun verán. O traballo actoral é soberbio cun elenco en que destacan Isabel Naveira no papel da muller do principal sospeitoso,Lucía Regueiro, axente da garda civil e irmá da anterios e finalmente Xosé Barato, expresentador de " Historias de Galicia" e especializado xa en home " maltratado" polas súas parellas, antes en Matalobos e agora en Serramoura,e así pasan os días, ata que saibamos por fin quén era e quén matou a Mónica Triáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario