Vistas de página en total

jueves, 15 de enero de 2015

Qué caro é ser galego!!!

En catro anos en Galicia desapareceron duas mil empresas de transporte, asfixiadas pola crise e polos impostos, e sobre todo por ter que aturar uns prezos de combustible abusivos polos impostos de Madrid e o décimo sanitario de Feijóo. Galicia é unha das comunidades co combustible máis caro, malia ser unha das comunidades coa poboación máis dispersa e máis afastada do resto do país e da fronteira con Francia. Os produtos que producimos e fabricamos os galegos encarécense porque pagamos a gasolina máis cara.Os salarios dos galegos son menos elevados que no resto do país, hai quen di que un galego gana o ano dous mil euros menos que a media dos españois. Os recortes aos funcionarios galegos son maiores que aos do resto de España. Parece que Feijóo quere ser ese alumno lambidiño que estuda dúas leccións máis das necesarias sen lle importar se amola con iso ao resto da clase. Tamén podían recortar nos seus gastos, neses que pagamos entre todos: Consello Económico e Social de Corina Porro, Galicia Calidade, Consello de Administración de CRTVG, e unha manchea máis de cemiterios de elefantes que pagamos entre todos nós sen tirar proveito ningún.

No hay comentarios:

Publicar un comentario