jueves, 29 de enero de 2015
Ás voltas coa rotonda
Unha rotonda, redonda,glorieta centra o alto debate político e toda a contestación civil da cidade de Vigo. Voltas e reviravoltas a unha mísera rotonda na que o BNG dá voltas como un hámster, como un burro atado a unha noria, como a roda do muíño de Xil Ríos.
E así tódolos días. E tamén un barco, un barco como o Prestige no que afundir a un alcalde, pero non sempre é tan doado. Non son xente abonda, non teñen tanta razón. E aínda que o barco é unha marulada, aínda que non sexa unha prioridá. Aínda que nunha sociedade avanzanda as persoas sexan antes que as cousas,aquí o único que hai é unha campaña do BNG para proxectar a un candidato que estivo a prol da fusión das caixas.
Hai xente de ben que apoia esta protesta,pero un fedor político tumba que marea,e a atención mediática só demostra que aquí o obxectivo non é mellorar a vida de aqueles que menos teñen.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario