Vistas de página en total

miércoles, 13 de mayo de 2015

San Rockers, o novo pop rock vigués

Rubén, Javier, Adrián, e Diego son desde 2012 os San Rockers. Un grupo de pop rock vigués que toca tanto en garitos como na rúa, Príncipe é o seu escenario favorito.
Gañadores do festival Emerxe organizado polo Conservatorio Mayeusis os San Rockers fan un pop fresco que narra historias próximas deste mozos que median a vintena.Agora difunden a súa primeira maqueta  con cinco temas pegadizos entre os que salienta "Princesas".
 Lonxe da moda indie, e do renacer heavy que se vive en Vigo os San Rockers refrescan o panorama musical vigués.
Este sábado ás 23.30 tocan no mítico Maui vigués onde podemos velos sen pagar entrada.
Os San Rockers deben o seu nome ao primeiro lugar en que tocaron: o Parque de San Roque.Tamén se lles pode ver no Barroco de Areal, ou na sala Rus. Tamén actuaron no festival Berete de Arealonga en Chapela.
 Rubén Pereira: voz e guitarra rítmica.
Javier Menduíña, baixista.
Adrián Rodríguez,batería.
Diego Tuñas,guitarra solista.


Paga a pena velos. Teñen Facebook e páxina web en que podedes escoitar os temas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario