jueves, 16 de julio de 2015
Últimos días en Almirante Vierna Spa Resort
Qué xeito máis lindo de despedirse do noso mítico hospital que pasar uns días nel, antes de que peche. Antes de que a cafrada se consume.Estará toda triste Esperanza Aguirre porque a ela non se lle ocorreu pechar La Paz nin o 12 de Octubre para substituilos por esa rede de hospitais de pichiglás que ela creou na Comunidad de Madrid. Terá ousadía Feijóo de pechar o Juan Canalejo que tamén é moi vello,e o resto de hospitais da Coruña para substituílo por un gran hospital de atención pública e capital privado en Penamoa ou Arteixo? Non tal, son cousas que só pasan aquí en Vigo.
O desastre avecíñase. As resonancias vanse facer nunha unidade móbil, nun camión en Beade como se fose o camión-escenario da Panorama. Por qué non as deixan no Meixoeiro? canda o laboratorio? Cómo lles gusta o " pendellismo" e o feísmo e a estética de cortello á xente esta!!!
E qué vai pasar cando che fagan unha análise en Beade e a teñan que revisar en Bembrive ( Meixoeiro) e haxa atasco ou accidente?
Iso tanto dá! " Despedida y cierre", eso es lo que les va! Oxalá nós tamén podamos despedir a alguén e pecharlle o negocio en outubro do ano que vén. Mentres tanto pasamos os últimos días no Almirante Vierna Spa Resort con permiso de Manuela Carmena.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
País, país.
ResponderEliminarA pena é que este país noso non sei se terá solución! Paideleo! Bicos!!
ResponderEliminar