Vistas de página en total

lunes, 6 de julio de 2015

Cabalos e lobos, Fran P.Lorenzo

Segredos inconfesables, amores prohibidos, nazis, espías ingleses, consignatarias e ese Vigo inmenso como pano de fondo.O Vigo dos nosos pais e dos nosos avós. Cos seus cabarets: o Fontoira e o Brasil; os seus bailes: o Riomar Club Os vellos cinemas como o Cinema Radio ou o Rosalía de Castro. A Estación de RENFE e o Corte Inglés. A incipiente Gran Vía. E ese Vigo febril en que todo pode pasar, ese pequeno Nova York, marabilloso e cosmopolita.As relacións entre dous homes que se queren na época de Franco e na de Rajoy.Orixinal e moi ben escrita, a novela de Fran fai tamén un gran estudo psicolóxico das personaxes. A burguesa que vive unha vida-ficción, sempre ocultando as súas feblezas,e os seus problemas; a influencia do medo no franquismo.As mentiras de familia, os negocios turbios. E ese Vigo dos vellos apelidos, dos edificios de autor.Os Albo, os Santodomingo, os Barreras e os seus arquitectos sobre todo Castro Represas. A relación de Vigo co Cap Arcona, o vello Derby e mil cousas máis das que nos falaron os nosos pais e os nosos avós. Unha novela que paga a pena ler.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas polo comentario! Apertas!

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito. Vigo para moitos de nós é a capital do mundo. E eses lugares máxicos dos que falaban os nosos pais que nós xa non coñecimos... Un gustazo lerche Fran, mil novelas máis!!!

    ResponderEliminar