Páginas vistas en total

sábado, 4 de febrero de 2017

Por qué nos matan?

Semella que nunca nos ía pasar a nós, nin a ninguén que coñezamos. Non temos vinte anos, non estamos casadas, non tratamos con homes así, non nos movemos entre esa xente.Pero sí que pasa, cada vez máis preto de nós. Unha compañeira de clase, a filla dun amigo,a veciña da aldea,a enxeñeira da avenida de Madrid, a irmá dunha amiga da túa pandilla. Aínda falo grazas a Deus en segunda persoa porque lle pasou a amigas das miñas amigas, pero o terror é cada vez màis próximo.Antes non pasaba en Vigo, antes eran só os exmaridos, antes eran só os homes de 50 ou 60 anos, pero semella que ninguén está exento. Non saias soa, non leves esa roupa, fai como que falas polo móbil, que te acompañen a casa, xa non vale ata o portal, tera q ser ata o relanzo.Controla que non te boten nada na copa, nin que te fagan unha copia da tarxeta sim... Controla porque semella que ninguén máis ca ti te pode protexer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario