Vistas de página en total

lunes, 30 de enero de 2017

Depredadores laborais do xornalismo

Hoxe cadrei cunha persoa que traballou a principios dos 90 nun xornal galego.Traballaba directamente ás ordes dun xefe de sección, que lle fixo a vida imposible ata que conseguíu con malas artes a botaran do xornal. Esta persoa decidíu ir a xuízo e gañou. Os compañeiros de sección do resto dos xornais da súa cidade arrouparon a esta persoa no seu xuízo que finalmente gañou.O depredador que a levara a aquela situación vendo que esta persoa contaba con tanto apoio, achegouse a ela tralo xuízo para a felicitar. A mesma persoa, o seu xefe de sección que provocara aquela situación; e que hai xente que os ten cadrados e non é a primeira vez. Cando abra o seu armario igual o atopa cheo de cadáveres ou de esqueletes xa. Pero máis de 20 anos despois aí sigue dirixindo a súa sección na que se cadra está el só e dous bolseiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario