Vistas de página en total

lunes, 3 de julio de 2017

Amores imposibles, declaracións en diferido

Hoxe tiven que facer xestións bancarias da miña comunidade de veciños. E malia a lideira da lei de proteción de datos cada vez que vou a un banco me preguntan estado civil, nómina, empresa, case case data da primeira regla, que de verdá non sei por qué tanto carallo queren saber!
O caso é que nese banco tíñanme como sector telecomunicacións ou algo así. E o tipo preguntoume pero en qué traballas? Cal é a túa empresa? E eu por non montarlle un pifostio lle contestei, quedou pampo!
Ah!!! Non coñecerás a Rosa Castro, a lingüísta? É o meu amor imposible!
Entón xa era eu quen  estaba en shock!
O tipo insistía, pero coñécela en persoa? Pois mira eu coido que en persoa non, pero teño falado abondo con ela e sei que ademais de guapa é lista e riquiña.
- Boh nunca lle dixen nada, eu coñezo as miñas posibilidades!
Entón aí xa entro eu de conselleira sentimental😝😝.Hai que intentalo sempre, ó melhor tiñas unha oportunidade. Ela é lista e riquiña e non penso que elixa mozo por guapo.
O tipo seguía: qué ben fala, con ese galego de Foz.... 😍 Eu seguía abraiada como en un consultorio sentimental.Pensaba para os meus adentros cóntasmo a min e non tes collóns de dicirllo a ela!
Estes casos realmente me enternecen, e non sei se mandarlle un nps ( mensaxe da nosa intranet) a Rosa Castro para darlle conta do seu admirador, o seu nome é o banco vigués en que traballa...qué farei? Por min que non quede non?🤔🤔

2 comentarios:

  1. A min unha vez nun banco non me querían explicar unha cousa dos movementos porque me dixeron que contratara unha asesoría... En fin, hai cada un... Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Este parecía riquiño. A pena é que as direccións obríganos a ser uns Luras!

    ResponderEliminar