Vistas de página en total

viernes, 1 de diciembre de 2017

Para qué vale a Xunta?

Pagamos os combustibles máis caros de España, tamén as autoestradas.Non temos servizo de cercanías ferroviario. Temos unha das peores sanidades de España. Pagamos os que máis polo imposto de sucesións.Tenos os soldos e as pensións máis pequenas do país.Se un tren descarrila é culpa do maquinista, se un barco encalla é culpa do capitán.
Se hai incendios é polo terrorismo, se nos quedamos sen auga é culpa da choiva, dos concellos, dos alcaldes e dos cidadáns. Son eles os que limpian a costa do Prestige, son eles os que apagan os lumes con caldeiros.
Para qué nos valen? Teñen algunha competencia? Teñen algunha ocupación?
Porque aquí sempre estamos pendentes de que chova: para apagar os incendios, para poder beber, para que non suba a electricidade!
Parece que con eles só serve que chova sobre mollado!

1 comentario: