Vistas de página en total

lunes, 10 de septiembre de 2018

TVG, a tele que ninguén ve?

É a TVG a tele que ninguén ve? Porén por qué todos nos coñecen mesmo en entornos urbanos e de fala castelá?
A tele que ninguén ve, pero en que todos queren saír.
Mesmo o gran prócer di que non a ve, aínda que é o que máis sae nela. Hai anos cando estaba ma oposición dicía: “ non me sacandes nada” iso é o que me di meu pai.
Claro, a xente coñécete porque alguén llo dixo porque o víu súa nai ou seu pai ou ese amigo que todos temos é que é o alter ego de nós.
- Dime, cándo empeza Serramoura? É para un amigo.
- Dime por qué non saíu nada das preferentes? Cadroume facendo zapping.
- Qué bonito é o anúncio do Gadis, vino na internet.
 E todos vemos a TVG, aínda que algún o faga ás agachadas ou porque lla pon a avoa ou a nai.
E outros, moitas vemos a TVG porque nós peta porque dá información de proximidade ou rural, porque dá moitos sucesos é porque en moitos sítios non se ve outra.
Vea moita xente que quere informarse en galego, ver series como Serramoura, Rías Baixas, Mareas Vivas ou Terras de Miranda.
Porque nos gusta Zig-Zag ou nos gustaba Miraxes e tamén Alalá.
Porque a nosa canle vertebra a industria do audiovisual, foi escola de técnicos e berce de actores : como Martiño Rivas, Carlos Blanco, Morris ou Tosar ou plataforma para Ernesto Chao con permiso do Correo Galego claro😥.
A galega tamén fixo posible que puidésemos gozar de Fariña en Antena 3. E aínda a veríamos máis se fosé como a BBC, se nela puidesemos ver os nosos incendios, a crise das nosas empresas ou escoitar a oposición.
E queremos seguir vendo a galega, porque é a nosa porque se financia cos nosos impostos porque pode seguir xerando riqueza para o país.
E porque malia que moitos van de guai, e só ven Netflix ou HBO, sempre te preguntan por qué quitaron Matalobos? É para un amigo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario