Vistas de página en total

jueves, 1 de noviembre de 2018

A despedida de Xaime Escudeiro

Onte celebramos a despedida laboral de Xaime Escudeiro da Radio Galega. Preto de cento trinta persoas estivemos no Náutico de Vigo dándolle as grazas polo seu bo facer, pola súa simpatía, pô-la súa xenerosidade e humildade.
Poderíamos ser máis, pero se cadra o sixilo para que fose unha sorpresa, e esta ponte dos mortos evitou que moitos dos que queren a Xaime estivesen alí.
Entre as mesas estaba Alvaro Pino, Gudelj, Cabral, os exceltistas Vicente e Maté ou Alvelo. O exadestrador e futbolista Ramón Carnero.A exdirectora xeral de deporte do bipartito, Marta Souto. O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro ( ex director de Radio Galega e ex-xefe de informativos da TVG). Deixaron gravadas entrañables mensaxes o ex-xogador Patxi Salinas é o inesquecible adestrador e xogador, Eduardo, Toto Berizzo, tamén andaba entre as mesas o ex-xogador do Celta dos 70, Paco Doblas.
Os seus compañeiros de deportes Terio Carrera ( TVG), Jacobo Buceta( Radio Vigo), ou Antonio Estévez ( COPE) ou Paco Santos da Radio Galega, e Óscar Suárez, TVG,  o exdirector de TVE en Galicia, Octavio Rodríguez, o exdirector da Radio Galega Virgilio Costas. Os seus compañeiros da Radio Galega: Mar Novás, Teresa Comesaña, Remedios Mera, ou Xosé Manuel Pérez.
Nós os da tele que compartimos con el tan bos momentos na delegación de Vigo en Gran Vía 6. Salientando especialmente á produtora Myriam Yáñez que organizou o evento con Begoña Vázquez, a das peñas. Tamén houbo moita xente das peñas e do xornalismo en xeral como o seu tamén compañeiro da RG en Vigo, Xosé Lois Portela. A exdirectora da Radio Galega, Rosa Martínez e o actual xefe de informativos da RG, Alejandro López ou a xornalista Isabel Losada. E todo porque Xaime o merecía.  Mestre de recuas de Xornalistas deportivos nunca dicía que non. Entro para Radio Euskadi ou para Castela-A Mancha.
Xaime tirou quilómetros de cable por eses campos de Deus, e defendeu a camiseta azul como un xogador máis, algo que non é demasiado fácil ás veces na nosa empresa.
 Nun ofício cheo de soberbios, engreídos, estrelas fugaces, estrelas caídas e por caer, a Xaime nunca lle caeron os aneis por explicar a ignorantes coma min por qué o Celta A pode xogar co Levante B, cousa que non cabía no meu maxín.
Moito nos axudou Xaime sempre cun sorriso, sempre sen nada pedir. Por iso se merecía esta homenaxe e se cadra moitas máis.
Tamén estivo algún compañeiro da súa outra vida pre-xornalística cando foi profesor no colexio San Fermín é no Montesol. Alí onde coñeceu á súa muller cando era aínda unha alumna repetidora e rebelde da que el se namorou (aínda que iso xa é outra historia).
Case case  me esquezo da súa familia, a súa muller Susi que tamén organizou, a súa filla e o seu fillo Jimmy que tanto xogou con nós na delegación (ó fútbol no corredor) cando se ía o xefe, e que aínda que non se lembre logo sentaba caladiño coa súa merenda e a súa coca-cola a facer os deberes de relixión ou os que tocasen. Qué marabillosa relación tiña co seu pai. E agora os seus netos que tan feliz o fixeron, tanto que volveu poñer fotos persoais na súa mesa da delegación, que seguirá sendo a súa mesa, aínda que agora a use Paco Santos.
E seguro que esquezo a algúns.

1 comentario:

  1. Pachi Lucas y Pati Blanco, director de comunicación del Corte Inglés también estuvieron allí.

    ResponderEliminar