Vistas de página en total

sábado, 1 de diciembre de 2018

O Romano de Serafín Avendaño

Perpendicular a Rosalía De Castro,Areal e García Barbón está a rúa Serafín Avendaño. Un vial polo que pelexan o porto, RENFE e o concello de Vigo.
Ninguén a quere arranxar e seica todos teñen competencias sobre ela. Agora hai quen di que apareceu unha tumba dun romano no medio do vial. Haberá que facer prospeccións. Disque o romano xace alí na “ calzada” desde hai vinteún séculos entre a vella fábrica de Alonso é o Coffe Land. Alí repousa tranquilo e non sabemos se estará só. Os arqueólogos van ver se ten “colegas” pero só nese treito do vial desde a fonte luminosa ata a estación de Guixar. Houbo présas por inaugurar o treito inicial entre o CluFi e a fonte cibernética.E do que haxa alí abaixo: “ qué sabe nadie....🎼🎼🎼”!

No hay comentarios:

Publicar un comentario