Vistas de página en total

sábado, 5 de enero de 2019

Sex in the city in the taxi

Baixaba onte do Cunqueiro en taxi cun tipo moi riquiño, era un número 70 e pico . Díxome que era de Matamá e que antes traballara na construción. Acababa de botar o euromillón díxome. E quería botar xa para os dous ou tres sorteos seguintes pero non lle deixaron. Coido que me dixo que lle podían tocar dezasete millóns.
Con iso arranxaba, aínda que non deixaría de traballar.
- Fas ben; díxenlle, penso que non traballar, ter tantos cartos non é demasiado bo.
Tes razón ás veces levo señoras que me teñen “dislocado” o outro día dúas tipas de corenta moi pijas, moi guapas, e con moi bo corpo deixáronme abraiado.
- Unha lle recomendaba á outra ( as dúas casadas) que se “enrollara” cun tipo de vinte co que ela estivera tamén.🙄🙄🙄🙄. Deixóume sen alento, xa verás.🤭😥🙄.
O tipo ficaba abraiado que eu non sei se atendía ós semáforos, e ós pasos de cebra.
-O outro día levei a outras dúas lerchas que saían de Praza E. Unha contáballe á outra que andaba enleada co mellor amigo do seu home. O meu taxista apretaba o volante e recachaba a dentamia.
Tres días despois volveu ter un servizo por Praza E; era a”jicha” aquela co seu home legal. A muller recoñeceuno e agochábase co rostro verde baixo o repousacabezas do condutor. 
E aquí acabou a miña carreira, non sen lle dicir; oxalá sigas escoitando historias como estas mentres vas ó volante. Non te aburrirás non!

No hay comentarios:

Publicar un comentario