Vistas de página en total

martes, 11 de febrero de 2020

A bici do meu avó





Eu non coñecín ó meu avó materno. Morreu en 1945. Por iso me impresiona fondamente atopar a alguén que sí o fixo. E hoxe foi o caso. Saíndo a pasear co Compay atopamos a un vello amigo da miña nai que eu non coñecín de primeiras. Pero de oídas sí. Era o tal Curro moi amigo da miña nai. E foi el quen nos lembrou cando nos corenta alguén lle roubou esa bici ó meu avó. Con tan mala sorte que a irmá de Curro que vivía no mesmo edificio víu perfectamente e recoñeceu ó señor que colleu do portal de Alfonso  XIII, 18 a bici de meu avó.
Mari aínda era unha nena pero coñeceu perfectamente ó operario de seu pai que colleu a bici do portal. E aínda que era moi cativa foi a comisaría e case, case como agora fixéronlle unha rolda de recoñecemento e ela dixo sen dubidar quen subtraera ese vehículo que meu avó loce á altura de Trasatlánticos e tamén no Alto do Confurco preto da fonte, nos anos trinta corenta, poucos anos antes de morrer.

1 comentario:

  1. E que ben que teñas as fotos para ilustrar esta historia que, supoño, por algo chegou neste día

    Bicos

    ResponderEliminar