Vistas de página en total

martes, 18 de febrero de 2020

Semana de naufraxios



Algo da nosa alma afúndese en cada naufraxio. Pasounos co Sen querer II e pásanos co Rosa. En menos de oito días asistimos a tres naufraxios. Dous na ría de Pontevedra moi preto de Ons e outro en Costa de Marfil : o Albacora VI sen vítimas.
En Ons no pozo próximo ó illote do Centulo o irmán maior de Harri sacouno do fondo do mar, alí estaba unha ducia de metros mar abaixo entre o Centulo e Faro Camouco na cara norte de Ons. Os efectivos de Salvamento non saíron o venres porque facía mala mar.
Harri non foi quen de nadar esa hora e media que nadaron os demais. Quedou alí , nun paraíso que ás veces trasmuta en inferno.
Conta unha vella lenda que un túnel vai desde o Illote Centulo á Punta Faxilda en Sanxenxo , oxalá fose verdá* e o noso naufraxio ficción.

2 comentarios:

  1. Mentira q o xoves fixese mala mar, mira ti x onde q foi o día que mais buzos se xuntaron e mailo bateeiro Vengarco fixo de buque de apoio coa lancha de Gardacostas da Xunta non como a Garda Civil que foi a dar polo cu mentras estaban os buzos no mar Co riesgo q eso conleva. Ademais o Helicoptero Cuco si q saleu o xoves. Pero o venres non apareceu nadie, a lancha da Garda Civil no porto de Portonovo, e cando os buzos encontraron a meu primo sairon a toda leche pa coller eles o cadáver e levarse eles o mérito.Joderonse q non foron capaces de atrapar as 4 embarcaciones dos mariñeiros q lle llevaron o corpo a miña tía Maria. Hay q darlle o mérito a Ken o merece, a todos os q estuberon buscando a Harry, empresas, amigos, veciños e non veciños, Cofradias, Ayuntamiento da Illa,etc etc....... E OS BUZOS, ESES SI QUE SON HÉROES.

    ResponderEliminar
  2. Perdoa, errei, puxen o xoves e foi o venres. Eu estiven nos arredores o venres, o día q atopastes o corpo. Agora o cambio!!

    ResponderEliminar