Vistas de página en total

domingo, 3 de marzo de 2024

Bestas: O Chioleiro

Tres asasinatos a sangue frío, e dous que se puideron evitar. Un home que acoitela a súa avoa 16 veces e a viola de xeito reiterado non debería saír do cárcere ou do psiquiátrico, tanto me ten. A avoa alá en Santa Ana da Lama tíñalle medo e así llelo dicía ás veciñas, se vedes que non saquei aos animais temede por min. Chegou a refuxiarse en casas de veciños, pero ao final Chioleiro conseguíu matala, deixouna núa logo de abusar sexualmente dela. Non foi a única nin sequera a última en Parada de Xende matou á pobre Alicia Rey, unha veciña acabada de enviudar.Soterrouna nun rego. Os seus catro irmáns non o esqueceron nunca nin os veciños. A súa nai pedía na tele que non saíse do cárcere pero o seu desexo non se cumpríu. As leis eran outras pero a esta besta víñalle ben unha ¨permanente revisable". Qué tipo de monstro mata e viola á súa avoa? A irmá de Alicia, Julia agochou a súa depresión facendo terapia dentro da barra do seu bar, traballando arreo para esquecer ou non pensar, indo a clases de autodefensa. Mirando sempre para atrás. Protexendo os seus fillos ata o delirio, non os deixando saír. Nunha desas veces que mirou para atrás atopou a Chioleiro na estación de autobuses de Pontevedra, case queda en shock tivo a gran sorte de que el non a recoñecera a ela. Andaba desde hai máis dun ano como Perico pola casa entre A Lama e Ponte Caldelas onde ninguén lle quixo alugar. Agora que reviven todo agardan sí que Carme sexa a última, á terceira vai a vencida non? Na Lama tamén viron aterrorizados cómo volveu á casa de Santa Ana malia ter orde de afastamento. Coa axuda da Garda Civil conseguiron que se fose. Os axentes dicíanlles : estade tranquilos que agora vive por Balaídos. Cando viron o crime da maleta na zona do estadio axiña pensaron nel. Tiñan un grupo wasap onde se comunican cando alguén o ve para tomar precaucións. Un grupo que agardan que deixe de sonar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario