Vistas de página en total

viernes, 19 de septiembre de 2025

Emocionante despedida do sarxento1º Villamil, da oficina de prensa da Garda Civil en Pontevedra

Este xoves celebramos en Pontevedra a despedida laboral do sarxento Villamil. Un colaborador do eficaz equipo de prensa da Garda Civil de Pontevedra dirixido por Dosi Rodríguez Pallarés. Todo cambiou con eles a fronte. Sempre un sorriso, sempre unha palabra amable. Sempre do outro lado mesmo a horas raras. Porque as noticias non sempre ocorren de oito a tres AM. E sempre dicindo aquilo que poden dicir, aínda que ás veces para nós é pouco. Arroupado por compañeiros, e tamén por xente doutros corpos como a nacional, e eses amigos doutros eidos que todos facemos "no chollo". O discurso de agradecemento tivo que ser pronunciado polo seu General de División Retirado, Luís Iglesias porque os xefes directos de Villamil estaban protexendo en Vigo ó ministro Marlaska. O General lembrou os consellos que lle daba Villamil cando el era novato que daquela non entendía e hoxe agradeceu, como cando o animou a mercar casa. Semella que logo no tempo pouco coincidiron pero o bo recordo quedou. Tamén emocionado parecía o protagonista que agora semella que vai volver á bici. Os que non pertencemos a ese mundo pouco entendemos das súas dinámicas, dese mundo ás veces sen horas. De deixar ó teu bebé de dous meses e internarte nun incendio ou no escenario dun crime aínda que non esteas de garda. Aínda que somos de mundos distintos podemos entendernos. Tamén falou Villamil da flexibilidade que ás veces teñen que ter e lembrou entre bágoas contidas a Pascual Jové que se formou canda el e acabou saltando polo aire nun atentado de ETA en Vitoria. Con eles percibimos o sentido de tribo.Cómo comparten lazos familiares:"soy hijo del cuerpo" " "mi mujer es hija del cuerpo" para os de fóra impacta. Teñen un sentido de comunidade do que carecemos nós. E onte tamén aprendimos o que é "un polilla" que dou por feito que é un de prácticas ou un novato. Longa vida ó sarxento Villamil, comeza un tempo novo que poderá contar co seu novo reloxo. Para nós deixa un grato recordo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario