Vistas de página en total

sábado, 1 de noviembre de 2025

O expolio de Pereiró

En serio que imos permitir que expolien os nosos mortos? Que unha Santa Compaña de ladrós* campe ás súas anchas por Pereiró arrasando co bronce todo dos monumentos máis senlleiros. E di La Voz que seguirán roubando e qué? Non imos facer nada? O meu cactus está a resgardo e eu non vou nada por alí pero fódeme de vez. Cando o lía onte no Atlántico sentín unha hostia/ labazada premium. Non o podo soportar! Que alguén faga algo por Deus. Senón teremos que ir nós disfrazados de Santa Compaña agocharnos de noite e meterlles un susto que os deixe a temblar!! Cos nosos mortos non se xoga.

2 comentarios:

  1. Juego de palabras: ¿"gente del bronce" robando bronce? ¿Como los que robaron la placa de recuerdo a los fallecidos en una especia de Dos de Mayo de 1808 en Xinzo de Limia?

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén pensei neles na xente do bronce e do cobre. Algúns viven moi preto de alí, preto das Carneiras á dereita na estrada que sube ó Cunqueiro. Están levando placas de próceres locais e da historia de Vigo. Polo menos que poñan cámaras ou seguridade. O día menos pensado levan ós mortos!

    ResponderEliminar