Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Alcalde confidencial.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alcalde confidencial.. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de diciembre de 2016

Abel Confidencial

Abel Caballero fala polas noites con Susana Díaz, é o seu "momento". Considera o líder do municipalismo que Susana é unha muller intelixente, carismática e preparada; eu penso que está tan errado como cando apostou por Méndez Romeu. Abel Caballero deixou de fumar aos trinta anos, ese momento vital pilouno en Cambridge segundo di. E o tabaco alí era tan malo e tan caro que deixou de fumar,daquela afeccionouse aos Galloises. Nado en Ponteareas, Caballero veu a Vigo desque se fixo mozo da súa muller Cistina con dezasete anos. Estudou xa o COU no Instituto Santa Irene. O noso Gran Líder considera que grazas ao seu éxito en Vigo se converteu nun referente político en España, e no PSOE e segundo as súas contas se as eleccións municipais se celebrasen agora colleitaría un 65% dos votos e non o 52% por cento que acadou nas últimas, cando moitos pensaron que se estaban roubando papeletas do PSOE na xornada electoral e se tiveron que repoñer porque se ían esgotando. Abel considera que Vigo é unha illa en Galicia e o resto das grandes cidades galegas están todas paradas e sen presuposto.Tamén apunta que as oposicións fragmentadas deberían favorecer a gobernabilidade e non obstruír porque de seguir sendo así sería precisa unha reforma electoral que moitos xa lle piden desde a FEMP para favorecer os gobernos con maiorías relativas e iso acabaría prexudicando aos partidos minoritarios e favorecendo o bipartidismo. Caballero é máis de cervexa que de viño. E a súa muller Cristina é de Vigo segundo di. O noso alcalde di que aínda non tocou teito electoral que non teme que suba a Marea e que o PP vai baixar. Caballero di que a venda de Balaídos non a permite e a lei que é un dominio público "inalienable" e que menos aínda se pode vender por moito menos do que vale, podería valer "grosso modo" ou ao chou uns douscentos millóns e non a reforma. Abel non desbota que haxa un acordo co Celta no que atinxe a unha cidade deportiva.O Celta debería suxerir onde a quere para que o concello recualifique se así o considera convinte os terreos. O Celta ten unha oferta de Mos para facer o campo. O alcalde desbota que como ocorre en América o Celta se vaia de Vigo ou de Galicia. Abel fala moito da súa muller, pero polas noites chama a Susana Díaz, e á hora da sesta a Carmela Silva... xulguen vostedes!