viernes, 23 de diciembre de 2016
Abel Confidencial
Abel Caballero fala polas noites con Susana Díaz, é o seu "momento". Considera o líder do municipalismo que Susana é unha muller intelixente, carismática e preparada; eu penso que está tan errado como cando apostou por Méndez Romeu.
Abel Caballero deixou de fumar aos trinta anos, ese momento vital pilouno en Cambridge segundo di. E o tabaco alí era tan malo e tan caro que deixou de fumar,daquela afeccionouse aos Galloises.
Nado en Ponteareas, Caballero veu a Vigo desque se fixo mozo da súa muller Cistina con dezasete anos. Estudou xa o COU no Instituto Santa Irene.
O noso Gran Líder considera que grazas ao seu éxito en Vigo se converteu nun referente político en España, e no PSOE e segundo as súas contas se as eleccións municipais se celebrasen agora colleitaría un 65% dos votos e non o 52% por cento que acadou nas últimas, cando moitos pensaron que se estaban roubando papeletas do PSOE na xornada electoral e se tiveron que repoñer porque se ían esgotando.
Abel considera que Vigo é unha illa en Galicia e o resto das grandes cidades galegas están todas paradas e sen presuposto.Tamén apunta que as oposicións fragmentadas deberían favorecer a gobernabilidade e non obstruír porque de seguir sendo así sería precisa unha reforma electoral que moitos xa lle piden desde a FEMP para favorecer os gobernos con maiorías relativas e iso acabaría prexudicando aos partidos minoritarios e favorecendo o bipartidismo.
Caballero é máis de cervexa que de viño. E a súa muller Cristina é de Vigo segundo di.
O noso alcalde di que aínda non tocou teito electoral que non teme que suba a Marea e que o PP vai baixar.
Caballero di que a venda de Balaídos non a permite e a lei que é un dominio público "inalienable" e que menos aínda se pode vender por moito menos do que vale, podería valer "grosso modo" ou ao chou uns douscentos millóns e non a reforma.
Abel non desbota que haxa un acordo co Celta no que atinxe a unha cidade deportiva.O Celta debería suxerir onde a quere para que o concello recualifique se así o considera convinte os terreos. O Celta ten unha oferta de Mos para facer o campo. O alcalde desbota que como ocorre en América o Celta se vaia de Vigo ou de Galicia.
Abel fala moito da súa muller, pero polas noites chama a Susana Díaz, e á hora da sesta a Carmela Silva... xulguen vostedes!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario