Mostrando entradas con la etiqueta Bárcenas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bárcenas. Mostrar todas las entradas
lunes, 15 de julio de 2013
A raíña do street style
Nin Lovely Pepa, nin Bartabac, nin tampouco a xuíza Alaya, a gran líder do street style é Rosalía Iglesias. Seica as Rosalías aquelan ben nisto da moda, a Mera é unha das grandes damas da moda española, e a Castro está de moda sempre ou debería estalo.
Pero a Iglesias, si que é glam, si que é chic, seguro que ela xa sabe desde primeiros de ano o que é unha " bibi crim" non coma min ;)
Esa musa de telediarios, coas súas gafas de sol moi Jackie Kennedy, cos seus panos e os seus abrigos de visón, cos seus camiseiros e con esa melena de mechas californianas. Quen quere máis? Ela é xa a nova it woman, nin Alexa Chung,nin Alessandra Ambrosio. E aí a tedes, de Soto del Real a Prim 12; pero que cool es miña raíña! Se xa hai quen di que recibiches ofertas para patrocinios de vestiario: agora que te botan tanto de menos por Serrano, aproveita...
martes, 2 de julio de 2013
Bárcenas II
E qué di a muller de Bárcenas? mentres saca billetes de cen e de cincoentos euros da carteira. Un xesto moi propio de persoas como ela que están no paro, que cobran o subsidio ou que simplemente están en nómina do INEM.
Qué lle dirá Rosalía ás do barrio, ás que aínda non saiban quen é.
Parafraseando ó gran Carlos Blanco:
- Mi marido está ingresado.
-Mi marido está internado.Porque está a réxime, pero non a réxime aberto.
Para que pensen que está na Buchinguer ou en Incosol e lle retruquen.
-Tiene spa?
-Tiene wellnes?
E as súas amigas do Club de Golf?
Pero se cadra o Bárcenas aínda fai negocio no cárcere e vai cobrando pequenas "mordidas" ós que están alí para sacalos antes do cárcere.
El don Luis, como don Vito, con aquel lindo despacho en Xénova, co seu chofer, repartindo sobres a eito,coa súa americana austríaca, qué foi del? Que foi dos vellos amigos? Que foi? Estarán en diferido como a súa indemnización?
E por que el?
Cando Blesa, Cando Urdangarín, cando Torres non están alí.
Si, pensaba si, hai que cantar; todo isto merece un bo " Rock de la cárcel".
domingo, 27 de enero de 2013
Parque Natural de Ca Bárcenas
30.000 hectáreas, A Moralexa arxentina, en Salta.Hai quen di que ademais había animais e que alí ía cazar Fraga, cando aínda era líder da oposición. Fragmentando a Machado, o pasado de Bárcenas "son lembranzas dun horto claro onde madura o limoeiro.A miña historia, algúns casos que lembrar non quero..." Ou si?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)