Vistas de página en total

lunes, 15 de julio de 2013

A raíña do street style

Nin Lovely Pepa, nin Bartabac, nin tampouco a xuíza Alaya, a gran líder do street style é Rosalía Iglesias. Seica as Rosalías aquelan ben nisto da moda, a Mera é unha das grandes damas da moda española, e a Castro está de moda sempre ou debería estalo. Pero a Iglesias, si que é glam, si que é chic, seguro que ela xa sabe desde primeiros de ano o que é unha " bibi crim" non coma min ;) Esa musa de telediarios, coas súas gafas de sol moi Jackie Kennedy, cos seus panos e os seus abrigos de visón, cos seus camiseiros e con esa melena de mechas californianas. Quen quere máis? Ela é xa a nova it woman, nin Alexa Chung,nin Alessandra Ambrosio. E aí a tedes, de Soto del Real a Prim 12; pero que cool es miña raíña! Se xa hai quen di que recibiches ofertas para patrocinios de vestiario: agora que te botan tanto de menos por Serrano, aproveita...

No hay comentarios:

Publicar un comentario