Vistas de página en total

martes, 2 de julio de 2013

Bárcenas II

E qué di a muller de Bárcenas? mentres saca billetes de cen e de cincoentos euros da carteira. Un xesto moi propio de persoas como ela que están no paro, que cobran o subsidio ou que simplemente están en nómina do INEM. Qué lle dirá Rosalía ás do barrio, ás que aínda non saiban quen é. Parafraseando ó gran Carlos Blanco: - Mi marido está ingresado. -Mi marido está internado.Porque está a réxime, pero non a réxime aberto. Para que pensen que está na Buchinguer ou en Incosol e lle retruquen. -Tiene spa? -Tiene wellnes? E as súas amigas do Club de Golf? Pero se cadra o Bárcenas aínda fai negocio no cárcere e vai cobrando pequenas "mordidas" ós que están alí para sacalos antes do cárcere. El don Luis, como don Vito, con aquel lindo despacho en Xénova, co seu chofer, repartindo sobres a eito,coa súa americana austríaca, qué foi del? Que foi dos vellos amigos? Que foi? Estarán en diferido como a súa indemnización? E por que el? Cando Blesa, Cando Urdangarín, cando Torres non están alí. Si, pensaba si, hai que cantar; todo isto merece un bo " Rock de la cárcel".

No hay comentarios:

Publicar un comentario