Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Discapacitados Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Discapacitados Vigo. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de noviembre de 2014

Matar a San Francisco

Hai 50 anos naceu en Vigo a Asociación San Francisco de Pais de Discapacitados Intelectuais.Durante todos estes anos prestou un apoio a eses rapaces agora adultos:formación, profesionalidade, talleres, un contorno amable para eses alumnos. En todos estes anos fixo un labor espectacular, e facilitou a vida destas persoas e das súas familias.Agora a Xunta teima e sacar a concurso ese servizo para llo dar a unha empresa privada sen ningunha experiencia con estas persoas, no mesmo recinto onde esa mesma empresa xestiona un xeriátrico.O concurso fallouse antes de que as novas instalacións desa empresa axeitadas para discapacitados intelectuais estean rematadas ,aínda se están construíndo.O Valedor do Pobo fixo un informe contrario a esa adxudicación, o tribunal de contratos tamén pero a conselleira teima que teima en adxudicar a atención a estas persoas a esa empresa en vez de á iniciativa social.Unha mala privatización.Oxalá non lle pase o mesmo á conselleira que está pasando con cursos de formación.