Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Narco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Narco. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de mayo de 2013

Vigo.today " Os mexicanos compran Barreras para gravar telenovelas"

A factoría Televisa, socia de PEMEX acaba de facerse co 51% de Barreras coa fin de ter un novo plató para gravar telenovelas e narcocorridos. Unha operación que callou grazas ás xestións persoais do presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo, quen persoalmente viaxou a Cidade de México para levar en persoa as súas fotos con Marcial Dorado pola ría de Vigo ó Presidente de México e ó do holding petroleiro azteca. A primeira serie que se gravaría nas gradas de Barreras podería ser "Ouro negro, po branco"· Pola súa proximidadeó mar, hai quen pensou que os pantaláns de Barreras poderían valer para grava-la versión mexicana de Splass,proxecto que se desbotou polas baixas temperaturas da ría de Vigo. Güei, manito, que a Virxe de Guadalupe nos pille confesados!! Ándale!!!

miércoles, 3 de abril de 2013

Feijóo, rubio de batea?

Seica non se pode chegar á Moncloa en planadoira, nen sequera seguindo os ronseis dos barcos e as ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E parece que hai que non perde a Esperanza de monclovita ser. E así se atopa Feijóo entre "la chini y la rayi". Hai tempo que non me parecen nin medio normais as cousas que ocorren no norte da miña provincia,nin que o capo do partido fose man dereita dun coñecido contrabandista e alcalde que no cárcere está. Non é normal andar de francachela e de viaxe con xente que vive facendo funimbulismo enriba da raia. Aquí nada é normal. Había neve, equivoqueime non volverá ocorrer,xa parece unha absurda cantilena. E que antigos son; que nós temos agora esas fotos e chimpámolas begining now no feisbuck ou no twitter ou no myspace; pero non está xente da vella escola garda as fotos no caixón. En xornalismo dicimos facer neveira cando falamos de deixar noticias enlatadas para eses días de ponte nos que pode non ocorrer nada, pero isto non é neveira, isto é conxelación, que as fotos teñen dezaoito anos, son maiores de idade e case case poderían votar. E esas viaxes ós Chutes de Europa ou a Andorra e esa cazadora de leñador do amigo Feijóo? "Marcial eres el más grande". E pensamos todos, nós non temos fotos con narcos ou si? Se cadra quedaron na barra do Pingus...

martes, 28 de junio de 2011

Entre putas e farlopa

Non, nós non queriamos cubrir Pontevedra, nin que pechasen a delegación. Pero se cadra a nova super-delegación Vigo-Pontevedra estanos dando posibilidade de coñecer outras historias, outros mundos a tan só vinte quilómetros da Porta do Sol. (A de Vigo of course).
Eu non quería funcionar con tópicos e non quería pensar que cada vez que vou á Arousa todo ten que ver con raias brancas ou con mediosgramos.
Eu non quería presupoñer que se hai un axuste de contas nun salón de peiteados de Cambados, non podería ser por calquera outra cousa distinta do narcotráfico. Pero a vida é así, e aquí todo parece que vai de guión. Iso si un guión entre Benny Hill, Os Ropper ou Míster Ben.
Estes días cubro de terceira man, porque xa non traballo de mañás, o xuízo da Operación Cormorán por lavado de cartos. O primeiro día que caeu nas miñas mans unha cinta do xuízo na deputación de Pontevedra, pensei. Mira ti estas mulleres, moreniñas, brasileiras, norteafricanas parecen formar parte do cadro de persoal do vello Paladín. E pensei para os meus adentros. Estáste facendo vella e xa funcionas con tópicos puerís. Cala a boca que pareces xa o escaletista do "Gato á auga". Como cada martes desde hai dous, hoxe volveu caer nas miñas mans outra cinta, outro "bruto" dicimos nós con imaxes e declaracións do macroxuízo da "Cormorán" que ten lugar en Pontevedra.
Fitaba para aquelas paisanas criollas, moreniñas, brasileiras tal vez. Amantes, excompañeiras e e mesmo mulleres dos fuxidos Pelopincho e Franco Argibay.
Con doce millóns de euros en vivendas, audis, conserveiras, pisos e chalés. Cos ollos abertos como todos na sala escoitei que todos aqueles cartos da Teresiña de Xesús e de Lidia Niele proceden da prostitución. Perdonádeme a grosería e o castelán: "Daqueles polvos, viñeron estes lodos".
E resulta que a Teresiña de Xesús ( Non a de Ávila claro) cobraba seis mil á hora, e mesmo doce mil, e se cadra o triplo se o servizo puxen era "extremo" por non poñer sadomaso que se di.
Tamén houbo lotería e mil fantasmadas máis. Pero os "Matalobos" do Cormorán abráiannos de vez. Dous en busca e captura. As mulleres que non saben nada e viven da prostitución de luxo no Grove?
E os tópicos que se repiten unha e outra vez. Pensa mal e acertarás.Ó final as nosas avoas tiñan razón.