Mostrando entradas con la etiqueta Narcotráfico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Narcotráfico. Mostrar todas las entradas
martes, 26 de julio de 2016
Territorio narco
Os narcos de Vilagarcía subiron un chanzo xa. Agora xa financian e xestionan a loxística dos envíos aínda que sexa de haxix.Cinco detidos 8.000 quilos de resina de háxix a bordo dun iate detido en Cartagena. E pasta moita pasta.No piso do Piñeiriño onde vive Paola García desde hai anos coa súa nova parella tamén colombiana coma ela atoparon 18.000 euros, que non parecen moitos; pero sí o son tendo en conta que a jicha levaba meses sen pagar a comunidá.
Os EDOA de Lugo e os GRECO de Pontevedra colaboran nesta operación dirixida por un xulgado de Sabadell. Na opración caeu tamén David o propietario do pub Don Piano fronte ás vías do tren.
Parecen ser os capos dun " novonarcofacer" . Semellaba que o háxix non vale tanto, pero parece que sí.
A organización cústalle 300 euros o quilo, eles cóbrano a mil, e na rúa está a 1.800. Boten contas que eu son de letras!!
jueves, 6 de diciembre de 2012
Lucky Luciano, o americano, o rei dos "huevos fritos"
Non é unha nova franquía de comida rápida españolizada, non é o Kentucky Fried Chicken español,nin o Peggy Sue´s galaico nin o Tommy Mel´s cañí.
É a nova receita típica arousá.
Ata agora ós narcos facíanlles como ós polbos:mallar neles, cortarlles un dedo o facer un rolo de carne rechea de queixo:meténdolle na boca os seus escarpíns.
Agora a receita é outra, herdeira das novas franquías e da comida rápida: "ovos fritidos", os do narco vilanovés José Luciano Núñes, alias Lucky Luciano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)