Vistas de página en total

561,123
Mostrando entradas con la etiqueta Rías Baixas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rías Baixas. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de octubre de 2016

Delicias gastronómicas para os galegos cool , Capítulo Un

Cando aínda temos no padal a última cullerada de iogur de licor café, xa estamos preparados para degustar o de,icioso turrón de chocolate ó albariño de Bell Prazer, distribuído en Vigo e fabricado en Salvaterra en Chocomiño, en Vigo pódese mercar por case oito euros en Terra Ibérica de Rosalía de Castro. O vermú de albariño San Petroni, elaborado en Cambados tamén ten os seus adeptos, pódese adquirir na tenda Samaniego da rúa Colón. E os cavas galegos, perdón, escumosos, deliciosos tamén e moi escasos ata agora: o máis rico Eidosela Burbujas del Atlántico por exemplo no Gusto Selecto da rúa Oporto, agradable tamén Mar de Frades que se pode atopar no Gadis e case todos son ricos e algo caros con pouca produción ata agora, polo que cómpre espabilar se os queremos ter nas nosas mesas de nadal. E aínda non se poden adquirir as tan só dúas mil botellas de albariño da vendima 2015 de Pazo Baión con uvas afectadas por botrite noble e pasificadas, maceradas sobre cama de lías e que aínda repousan hoxe no mítico Falcón Crest que Oubiña posuíu.Máis doce e máis notas de sabor nun viño especial que non se dá tódolos anos e que se produce cunha uva tardía, serodia que se recolleu hoxe para a anada de 2018 ou máis, e un albariño, este sí que sabe envellecer e que mellora co tempo.A mágoa é que hai que agardar anos para o probar.

domingo, 4 de julio de 2010

As hamacas de Barra

Invaden a nosa area coas hamacas, os pedales e os parasoles de aluguer.
Non teñen límite, nin medida. Teñen alma de madrileños dos que non aturan a area. Se os deixamos actuar porán alfombras en Samil e fará un carreiro de cemento na praia de Rodas.