Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Turismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Turismo. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de marzo de 2017

Reflexións sobre turismo

O ano pasado visitaron Galicia 5.000.000 de persoas.O trinta por cento delas foron estranxeiros. O goberno galego tomou o turismo como industria clave, polo menos no mediático. Eu penso que non somos un país turístico: apenas nos tocan 2 turistas por cada habitante.Somos ademais moi dependentes do sol. Os xaponeses estánse volcando con Galicia desde o Irmandamento con Xapón e polos camiños de peregrinaxe que compartimos.Son turistas moi interesantes.Enchen Compostela en tempada baixa de novembro a marzo, e teñen gran poder adquisitivo.Veñen tamén moitos americanos logo da exhibición de The way.Pero queda moito por facer, moito máis que publicidade interna e autobombo. Que se preparen na Ribeira Sacra para os turistas que veñan coa novela do Planeta baixo o brazo:"Todo isto che darei" de Dolores Redondo. Grazas a internet calquera empresa, calquera concello con algo de creatividade e páxinas en varios idiomas pode sen depender dos turoperadores atraer persoal.
Ás veces as catástrofes tamén nos poñen no mapa, tristemente como o Prestige, que permitíu que espectadores do mundo enteiro visen a beleza das nosas costas. A volta ciclista penso que nos custa máis que o que dá. E o fútbol, o deporte rei tamén nos amosa por aí.Pero seguimos moi colgados do sol que aquí nos é bastante infiel, e do marisco e de mil tópicos máis.Queda moito por facer: máis que invitar a paparotas e a mariscadas en Fitur

jueves, 8 de septiembre de 2016

La ciudad flotante

Hay una ciudad en Galicia que tiene 30.000 habitantes ocasionales cuando hace calor.Apenas necesitan ropa, y vienen todos de fuera.Cuenta con camas balinesas y con mesas y bancos de hormigón, pinos,agua,arena y piscinas de poco calado pero uso libre.Todo es gratis.Por eso van todos menos los de aquí.También hay museo, camping, pista de tenis, y ahora hasta supermercao*. Bueno en realidad no hablo de una ciudad, ahora que llega septiembre es tiempo de que los vigueses nos reconciliemos con Samil.

domingo, 22 de febrero de 2015

Ciscando os cartos no ar

Falan e falan do porno cutre de Grey, pero e o porno cutre do fillo de Julio Iglesias patrocinado por tódos nos con estética de nodo, de clip de karaoke dos 70, de vídeo cutre de deputación. E alá van os nosos cartos ciscados no ar.... Se queren publicitar Galicia por quė non meten a Feijóo en Gran Hermano VIP cun pixama de animal print como o de Belén Esteban? Podían metelo alí co Pachi de Lucas e con Marcial Dorado.Sairīanos måis barato, porque ademais cobrariamos por eles.

domingo, 4 de julio de 2010

As hamacas de Barra

Invaden a nosa area coas hamacas, os pedales e os parasoles de aluguer.
Non teñen límite, nin medida. Teñen alma de madrileños dos que non aturan a area. Se os deixamos actuar porán alfombras en Samil e fará un carreiro de cemento na praia de Rodas.