viernes, 28 de octubre de 2016
Delicias gastronómicas para os galegos cool , Capítulo Un
Cando aínda temos no padal a última cullerada de iogur de licor café, xa estamos preparados para degustar o de,icioso turrón de chocolate ó albariño de Bell Prazer, distribuído en Vigo e fabricado en Salvaterra en Chocomiño, en Vigo pódese mercar por case oito euros en Terra Ibérica de Rosalía de Castro. O vermú de albariño San Petroni, elaborado en Cambados tamén ten os seus adeptos, pódese adquirir na tenda Samaniego da rúa Colón.
E os cavas galegos, perdón, escumosos, deliciosos tamén e moi escasos ata agora: o máis rico Eidosela Burbujas del Atlántico por exemplo no Gusto Selecto da rúa Oporto, agradable tamén Mar de Frades que se pode atopar no Gadis e case todos son ricos e algo caros con pouca produción ata agora, polo que cómpre espabilar se os queremos ter nas nosas mesas de nadal.
E aínda non se poden adquirir as tan só dúas mil botellas de albariño da vendima 2015 de Pazo Baión con uvas afectadas por botrite noble e pasificadas, maceradas sobre cama de lías e que aínda repousan hoxe no mítico Falcón Crest que Oubiña posuíu.Máis doce e máis notas de sabor nun viño especial que non se dá tódolos anos e que se produce cunha uva tardía, serodia que se recolleu hoxe para a anada de 2018 ou máis, e un albariño, este sí que sabe envellecer e que mellora co tempo.A mágoa é que hai que agardar anos para o probar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario