Mostrando entradas con la etiqueta Ricardo Pradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ricardo Pradas. Mostrar todas las entradas
martes, 7 de marzo de 2017
A vida dos "caixanovos" no "trullo"
Fonte: Diario de Pontevedra 12 febreiro, 2017, domingo; autor Santy Mosteiro.
A vida na Lama decorre plácida e feliz para os tres exbanqueiros vigueses que están alí:Gayoso, Pego e Rodríguez Estrada; están nun módulo vip(esaxeración miña) chámanlle módulo brando e é o número nove.Relaciónanse cos demais reclusos con normalidade e cumpren cos labores de limpeza asignados.
Sorprendentemente para os que pensamos que Gayoso e Pego eran unlla e carne; Gayoso comparte cuarto con Rodríguez Estrada e Pego ten un compañeiro que cumpre condena por tráfico de drogas.
O toque de diana é ás oito da mañá, desas horas deben estar vestidos e coas camas feitas, recóntannos e ás oito e media xa poden baixar almorzar.
Desde as nove fan labores de limpeza ata a unha do mediodía, hora en que comen. Pola tarde logo de recoller e limpar os comedores teñen tempo de lecer.
Dispoñen de 100 euros á semana para gastar no economato da prisión.Poden recibir unha persoa á semana:"o locutorio" chámase.Gayoso recibíu nesta súa primeira vez a unha avogada da familia. Unha vez ao mes poden recibir a varios membros da familia durante tres horas:son os vis a vis convivenciais, algo do que gozaron xa na semana do 5 de febreiro.
E así pasan a súa vida os nosos homes bebendo Cabreiroá en vez de Oporto vintage, en A Lama Spa Resort, en vez de na Toxa, ou Gstadd...
Etiquetas:
A Lama,
Abanca.,
Caixanova,
Gregorio Gorriarán,
José Luís Pego,
Julio Gayoso,
Novacaixagalicia,
Óscar Rodríguez Estrada,
Ricardo Pradas,
vida no cárcere.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)