Vistas de página en total

martes, 7 de marzo de 2017

A vida dos "caixanovos" no "trullo"

Fonte: Diario de Pontevedra 12 febreiro, 2017, domingo; autor Santy Mosteiro. A vida na Lama decorre plácida e feliz para os tres exbanqueiros vigueses que están alí:Gayoso, Pego e Rodríguez Estrada; están nun módulo vip(esaxeración miña) chámanlle módulo brando e é o número nove.Relaciónanse cos demais reclusos con normalidade e cumpren cos labores de limpeza asignados. Sorprendentemente para os que pensamos que Gayoso e Pego eran unlla e carne; Gayoso comparte cuarto con Rodríguez Estrada e Pego ten un compañeiro que cumpre condena por tráfico de drogas. O toque de diana é ás oito da mañá, desas horas deben estar vestidos e coas camas feitas, recóntannos e ás oito e media xa poden baixar almorzar. Desde as nove fan labores de limpeza ata a unha do mediodía, hora en que comen. Pola tarde logo de recoller e limpar os comedores teñen tempo de lecer. Dispoñen de 100 euros á semana para gastar no economato da prisión.Poden recibir unha persoa á semana:"o locutorio" chámase.Gayoso recibíu nesta súa primeira vez a unha avogada da familia. Unha vez ao mes poden recibir a varios membros da familia durante tres horas:son os vis a vis convivenciais, algo do que gozaron xa na semana do 5 de febreiro. E así pasan a súa vida os nosos homes bebendo Cabreiroá en vez de Oporto vintage, en A Lama Spa Resort, en vez de na Toxa, ou Gstadd...

1 comentario:

  1. Ben non o están pasando; e en todo caso non contaban con este remate. Pero eu..., así entre ti e máis eu, asinaba por uns meses na choupela a cambio do faixo que non teñen que restituir...

    ResponderEliminar