Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Semana de naufraxios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana de naufraxios. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de febrero de 2020

Semana de naufraxios



Algo da nosa alma afúndese en cada naufraxio. Pasounos co Sen querer II e pásanos co Rosa. En menos de oito días asistimos a tres naufraxios. Dous na ría de Pontevedra moi preto de Ons e outro en Costa de Marfil : o Albacora VI sen vítimas.
En Ons no pozo próximo ó illote do Centulo o irmán maior de Harri sacouno do fondo do mar, alí estaba unha ducia de metros mar abaixo entre o Centulo e Faro Camouco na cara norte de Ons. Os efectivos de Salvamento non saíron o venres porque facía mala mar.
Harri non foi quen de nadar esa hora e media que nadaron os demais. Quedou alí , nun paraíso que ás veces trasmuta en inferno.
Conta unha vella lenda que un túnel vai desde o Illote Centulo á Punta Faxilda en Sanxenxo , oxalá fose verdá* e o noso naufraxio ficción.