Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Submundos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Submundos. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de mayo de 2017

Mulleres de vida alegre?


Non son mulleres de vida alegre, non, aínda que iso diga a tradición oral. Son mulleres tristes sí, que aturan a todos aqueles que as mulleres que non cobran non queren aturar.
As miñas fontes dinme que no sur de Galicia só en dous sitios as mulleres están ben. O chalet de Hispanidade en Vigo e as mulleres de Aquilino, o do Ninfas. Nos locais de máis sona de Vigo hainas obrigadas e facendo quendas demenciais.
Cánto gañarán neses locais cando un deles, o que ten nome de Terminal pagou preto de 180.000 euros por contratación ilegal e iso non lle impedíu seguir coa actividá!?

jueves, 7 de agosto de 2014

"De putas"off the record, chegou Varela!

Esta semana tocoume ir de putas.A facer unha reportaxe, claro!Eu pensaba que nos puticlubs servían as copas mulleres,pero un dos meus interlocutores díxome que non, que os camareiros soen ser homes por cuestións de seguridade.Logo retrucoume:bo, non penses que vou tanto eh? E eu puxen cara de gheisa ou de parva que vén sendo o mesmo. A segunda parada fíxena no barrio dun puticlub. Aquí no barrio estamos moi contentos con eles.Elas veñen cargar o móbil e desque cambiou o dono, "desque chegou Varela"sic, isto petouse.Triplicouse a clientela e as mulleresson preto de vinte.O de garda de noite está encantado.Hai máis policía, máis seguridade e pásao guai.Ás vecesse sorprende das caras coñecidas que ve por aquí. Foi chegar Varela e o bisness triplicou, pero claro o club está vello e un incendio é un bo xeito de renovalo de novo "by the face".

viernes, 29 de noviembre de 2013

A última balada do Canceliñas

Saturnino Cancelas está de santo hoxe 29 de novembro, e celebrará o día como a el lle gusta saltando de coche en coche, pero desta volta policial. Canceliñas levaba ceibo 21 días, os mesmos que fan falta para que un ovo se convirta en pito. Aínda esta mañá me dicían: non debíades de publicar tanto sobre o Canceliñas, CL le o faro. E sabe por onde o buscan. Unha posible detención frustouse por mor dunha noticia. Canceliñas é escorregadizo como un meixón ou como una miñoca. Din que nestes días se moveu por Salceda, Paredes de Coura ou Arcos de Valdevez. A lenda conta tamén que tomaba café no Celtiña do Porriño, alí coincidía cos "malotes todos" e coa Garda Civil. Conta xa a lenda que CL leva unha pistola en cada man.E que non mide o perigo, non ten nada que perder. Pasado de heroína tanto lle ten e así se lles escapa unha e outra vez. Corenta detencións constan no seu currículo. Nestes días seica tododeus viu a Canceliñas, menos quen o tiña que ver, parece que ata agora era prioritario mallar nas manifestacións que buscar a este señor. CL compraba heroína, roubaba coches, e mesmo ía comer á casa de mamá. Andaba dun lado a outro da raia, de pico en pico, de chino en chino... Agora o circuito rematou a pé nunha estrada nacional... Sabería Canceliñas que xa hai quen xa lle está a prepara-lo film? Cunha balada dos Scorpions, de Metallica, ou máis ben dos Guns and toxos, ou de Sabina... como todo, só o vento o sabe. E agora, en sereno, o Cancelas preguntaráse, joer por qué non volvería ó trullo eu no mes de febreiro? Que igual me acollía á doutrina Parot. E aquí estou a escasas horas de ingresar na Lama Spa Resort. Mentres o tolo do chándal, o violador do ascensor e toda esa patulea toda xa anda polas rúas do noso país.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Road movie na eurorrexión: flash back; a historia de Rambo e Canceliñas

Din que a eurorrexión está moi parada, que coas peaxes, alias "portagems" nas autovías, coa crisi* isto xa non vai. E alá volve o Canceliñas dezaseis anos despois para unir ámbalas marxes da raia. Saltando pontes e "portagems". No 97 Canceliñas era un principiante alá no cárcere da avenida de Madrid.Pero sempre lle gustaron os coches de gran cilindrada. O 25 de novembro daquel ano Canceliñas e Alfredo Sánchez Chacón, alias Rambo simularon un motín no trullo fixeron una "cadeneta" cunhas sabas e fuxiron pola porta principal da prisión da avenida de Madrid. Saíron así, polo grande, a bordo dun BMW que pillaron alí. Daquela o Cancelas parecía parvo, atopárono axiña preto da súa casa de Mos, na Veigadaña. O Rambo tardou máis en caer. Fora "milico" dos COES e xa matara un home nun puticub de Cuntis en 96. Finalmente caeu. Agora o Canceliñas reiventouse, deveniu no Cancelas. E xa é o xefe do bipartito delincuencial. Agora Canceliñas cambia de coche máis ca se tivese un leasing: moto, Renault Clío e Mercedes Benz. Atraca gasolineiras e anda dun lado ó outro da raia con máis facilidade que una lamprea, ou un meixón. Móvese xa en Mercedes Clase S co seu último compinche o salcedense Alvaro dos Santos. Cunha GNR e una Garda Civil que están nas verzas, a ver canto duran por aí.