Mostrando entradas con la etiqueta droga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta droga. Mostrar todas las entradas
lunes, 8 de octubre de 2018
La narcosala de O Vao y la detención de la “ Conexa”
Los primeros de octubre, ya es tradición cubro una redada en O Vao, término municipal de Poio a las puertas de Pontevedra.Poblado chabolista gitano, donde vive gente de etnia gitana que se dedica a la venta de droga.
Al Vao yo siempre he subido escoltada o rodeada de Guardia Civil y compañeros.
Aquel gheto aberrante es el gran supermercado de la droga de la provincia de Pontevedra.
Esta vez hubo 26 detenidos inicialmente aunque no todos acabaron en la cárcel, una de ellas “ La conexa” la matriarca de un clan.
En la operación de la Guardia Civil también se detectó una chabola destinada a consumir: la narcosala de O Vao.
Siempre que acabo en O Vao se me ocurre una reflexión. Es humano e integrador tener a esta gente así? Aislada, rodeada de su propia mierda y de su propia droga? O deberíamos intentar tender una mano e intentarlos integrar?
Como en Vigo que están” salpicados” por la ciudad.
Y siempre me contestan igual. Aquí están mejor. No molestan a la ciudadanía. Sólo trapichean aquí. Cuando los vienen a detener los encuentran todos juntos.
Sin embargo aquí cada vez que la Guardia Civil quiere entrar tienen que venir en escuadrón. Y tendrá posibilidad alguno de estos niños que nacen allí de llevar una vida normal? Tener unos estudios, un trabajo y un amigo normal? Yo creo que encerrándolos allí aún se les condena más.
jueves, 11 de febrero de 2016
Historias da p mili
Entre outro de Wichita e eu movíamos todo o chocolate do Cuartel.Eu vendía mesmo o dun Tenente que non se quería pillar as mans.Daquela arrasábamos comprábamos naquel marabilloso Vigo dos 80 e nin os vascos nin os andaluces podían con nós.Tamén baixabamos ás veces a Baracaldo ou a Bermeo sen cartos e sen costo e volvíamos cheos de todo.
viernes, 2 de mayo de 2014
O último blues da "raia"
"Moitos anos despois fronte ó pelotón de fusilamento composto por un garda civil e un axente forestal ; o rei Olegario Giménez Salazar recordou aquela tarde en que seu pai lle pasou a coroa lle deu o caxato e lle ensino a trafi car".
O ocorrido aquela tarde en Tomiño era un intento de magnicidio. O intento do asasinato do rei, do home que se move naraia.
-Non hai dereito dicía Flora, así non trataron ó meu fillo, con trescentos quilos.
-De coca?Non, de graxa!!
O brigada José Pérez González, gran deportista.Disque fai barra.
-Barra fixa?Non, americana!
E o gardabosques, pasa o groso da xornada xogando o tenis.Aínda que ás veces tamén vai cobrar o imposto revolucionario ás novas narcourbanizacións miñotas.Parecen Pin e Pon, o Garda Civil e o Garda Bosques o Axente e o Axente Forestal, Hernández e Fernández, Suárez e o Rei,( o de verdade).
E alí os van a cobrar o seu, pero seica o Rei Moro (n) decidiu se cadra por qué pagar cando toda España viu o cu do sue fillo nunha redada policial, eses 300 quilos... de graxa que todo o mundo viu.E o vello que os deixou pasar porque eran visita de cotío da casa, negouse a pagar."Y sin motivo ni razón, lo quisieron matar" ,"Allí se buscan la ruina" porque " semos gitanos".E non importou que Flora tivese "ulcemia" que estivese tomando " timio-terapia" ou quetivese "ritmias";porque "ellos pusieron la mano en Suribia* , son los que mandan y tienen la ley".
"Suribia": su Biblia.
viernes, 29 de noviembre de 2013
A última balada do Canceliñas
Saturnino Cancelas está de santo hoxe 29 de novembro, e celebrará o día como a el lle gusta saltando de coche en coche, pero desta volta policial.
Canceliñas levaba ceibo 21 días, os mesmos que fan falta para que un ovo se convirta en pito.
Aínda esta mañá me dicían: non debíades de publicar tanto sobre o Canceliñas, CL le o faro. E sabe por onde o buscan. Unha posible detención frustouse por mor dunha noticia. Canceliñas é escorregadizo como un meixón ou como una miñoca.
Din que nestes días se moveu por Salceda, Paredes de Coura ou Arcos de Valdevez. A lenda conta tamén que tomaba café no Celtiña do Porriño, alí coincidía cos "malotes todos" e coa Garda Civil.
Conta xa a lenda que CL leva unha pistola en cada man.E que non mide o perigo, non ten nada que perder. Pasado de heroína tanto lle ten e así se lles escapa unha e outra vez.
Corenta detencións constan no seu currículo.
Nestes días seica tododeus viu a Canceliñas, menos quen o tiña que ver, parece que ata agora era prioritario mallar nas manifestacións que buscar a este señor.
CL compraba heroína, roubaba coches, e mesmo ía comer á casa de mamá. Andaba dun lado a outro da raia, de pico en pico, de chino en chino...
Agora o circuito rematou a pé nunha estrada nacional...
Sabería Canceliñas que xa hai quen xa lle está a prepara-lo film? Cunha balada dos Scorpions, de Metallica, ou máis ben dos Guns and toxos, ou de Sabina... como todo, só o vento o sabe.
E agora, en sereno, o Cancelas preguntaráse, joer por qué non volvería ó trullo eu no mes de febreiro? Que igual me acollía á doutrina Parot. E aquí estou a escasas horas de ingresar na Lama Spa Resort. Mentres o tolo do chándal, o violador do ascensor e toda esa patulea toda xa anda polas rúas do noso país.
domingo, 28 de junio de 2009
Unidos por Raias Brancas
Como nun taboleiro de tres en raia; como aqueles vellos xogos nos que había que uni-los puntos pra facer un debuxo, vexo algúns puntos unidos por raias brancas.
Á maioría deles viven pacíficamente agardando que a raia chegue ata eles; outros experimentan ataques de agresividade que unidos á súa prepotencia e chulería fanos de todo insoportables.
O último punto que chegou ata nós debeu nacer entre loureiros e iates, malcriado e prepotente, con complexo de ditador ou emperador.
O peor de todo e que o noso punto, non é máis que un punto sustituto que só pensa en raias.
Á maioría deles viven pacíficamente agardando que a raia chegue ata eles; outros experimentan ataques de agresividade que unidos á súa prepotencia e chulería fanos de todo insoportables.
O último punto que chegou ata nós debeu nacer entre loureiros e iates, malcriado e prepotente, con complexo de ditador ou emperador.
O peor de todo e que o noso punto, non é máis que un punto sustituto que só pensa en raias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)