Vistas de página en total

viernes, 29 de noviembre de 2013

A última balada do Canceliñas

Saturnino Cancelas está de santo hoxe 29 de novembro, e celebrará o día como a el lle gusta saltando de coche en coche, pero desta volta policial. Canceliñas levaba ceibo 21 días, os mesmos que fan falta para que un ovo se convirta en pito. Aínda esta mañá me dicían: non debíades de publicar tanto sobre o Canceliñas, CL le o faro. E sabe por onde o buscan. Unha posible detención frustouse por mor dunha noticia. Canceliñas é escorregadizo como un meixón ou como una miñoca. Din que nestes días se moveu por Salceda, Paredes de Coura ou Arcos de Valdevez. A lenda conta tamén que tomaba café no Celtiña do Porriño, alí coincidía cos "malotes todos" e coa Garda Civil. Conta xa a lenda que CL leva unha pistola en cada man.E que non mide o perigo, non ten nada que perder. Pasado de heroína tanto lle ten e así se lles escapa unha e outra vez. Corenta detencións constan no seu currículo. Nestes días seica tododeus viu a Canceliñas, menos quen o tiña que ver, parece que ata agora era prioritario mallar nas manifestacións que buscar a este señor. CL compraba heroína, roubaba coches, e mesmo ía comer á casa de mamá. Andaba dun lado a outro da raia, de pico en pico, de chino en chino... Agora o circuito rematou a pé nunha estrada nacional... Sabería Canceliñas que xa hai quen xa lle está a prepara-lo film? Cunha balada dos Scorpions, de Metallica, ou máis ben dos Guns and toxos, ou de Sabina... como todo, só o vento o sabe. E agora, en sereno, o Cancelas preguntaráse, joer por qué non volvería ó trullo eu no mes de febreiro? Que igual me acollía á doutrina Parot. E aquí estou a escasas horas de ingresar na Lama Spa Resort. Mentres o tolo do chándal, o violador do ascensor e toda esa patulea toda xa anda polas rúas do noso país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario