Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Vigo no; política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vigo no; política. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de agosto de 2013

Vigo no II

Coa calor tiven un pesadelo. Pechemos Vigo dicían nun despacho. Subamos as taxas portuarias, deixémolos sen AVE. Falemos cos portugueses para que poñan peaxes con España, mesmo nas autovías. Fagamos que os vóos desde Peinador vallan o triplo que en Alvedro, e o quíntuple que na Lavacolla. Poñamos un Ikea en Turkitistán e outro no Porto. Deixémoslles avións pequenos con horarios absurdos. Matemos o naval. - E aínda sobreviven; cago en Ros, dixo o outro. -Saturémo-los hospitais, que haxa o dobre de lista de espera; a ver se así os imos matando. Levemos as descargas a Marín, os xulgados a Pontevedra. Baixémo-las tarifas dos cruceiros no resto das terminais portuarias galegas, quitémoslles os MSC e os P& O. - Aínda lles queda o tempo, as Cíes e Samil!!! - Con iso non podemos! - Báixalle o Celta a Segunda B; - Non iso non cómpre disimular. Menos mal que era un pesadelo e que axiña acordei, o raro é que todo seguía coma no soño.

domingo, 9 de junio de 2013

O bolero de R´ Abel

Eu pensaba que Ramón Abel, de agora en diante, R´Abel era máis de boleros alá en cas Gayoso preto de Cabo Estai, pero agora seica se afeccionou ó agarrado porque botar un baile vestido de gaiteiro ou non, sempre é obxecto de portada do Faro e de chufla ou cuchufleta no Atlántico Diario e na Voz; se cae, ou aquela mal, se cadra pode ser trendic topic nalgunha rede social. E querido Abel vai botar un pasodobre ós pés do sereo da Porta do Sol, será o dezanove de xuño e será ó son da Orquestra Panorama. Abraian é? Esta cidade é moi rara, como tamén o é o noso país. Outros levan empanada, ou viño do país, pero o "dancing queen" ten un gran predicamento político senón que llo digan ós de Cangas que hai uns anos o PP pelexou cos nacionalistas por leva-los vellos a bailar( ía poñer votar, non sei por que). Si queridos vigueses o 19 todos podemos bailar ó ritmo de Abel, ó ritmo da Panorama e ó son dunha cidade que malia ser de primeira non consegue convencer ós nosos políticos de que merece as infraestruturas para dar servizo a unha urbe deste rango. A verbena aérea para pedir igualdade de trato co resto dos aeródromos galegos, malia o chusco, ten moita razón de ser. O aeroporto de Vigo fixérono os nosos avós, cos nosos impostos en Galicia subvencionamos conexións aéreas e logo temos que viaxar por Santiago ou pola Coruña. A verdade é que mola ser vigués. A área poboacional de Galicia con maior número de persoas e que puteada está, xa nos caímos do AVE que xa conecta a Coruña con Santiago e Ourense e baleiro vai, xa nos caímos do porto nodal, cando o acadaron outros portos menos importantes ca nós. Sabemos perfectamente que partidos votaron para que Vigo non estivera. E qué pecado cometimos nós? Vése que coas manifas e coas rodas de prensa xa nada se amaña, non. Nós vémonos nas urnas e se cadra na Porta do Sol, ,merda de país mantido de forma artificial e con respiración asistida a cousas que nunca funcionarían de por si, mentres se castiga as que funcionarían mellor de respetarse a libre competencia. Agora o Ministro de Injusticia quere leva-lo partido xudicial a Pontevedra e pecha-los xulgados de Vigo? Pode ser, aquí todo vale. Acaban de pecha-los cines de Pontevedra, se cadra Louzán non se decatou, podería subvenciona-los do Lérez a un euro e pecha-los de Vigo para que fosemos alá, xa me fode darlle ideas, pero o nivel de surrealismo anda aí, aí... Eu vou tentar evadirme e ir pensando xa qué bailar na Porta do Sol: Volare, Santa Marta tiene tren ... y Vigo no, o quizá el Tin Chin Tin que compuxo Feijóo cando lle outorgou o Premio Castelao a Carlos Núñez e The Chieftains!!! Qué difícil é ser vigués!!!!