Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Xentrificación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xentrificación. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de septiembre de 2014

Mirar para outro lado

Ninguén quere ver o que pasa no Casco Vello, ninguén quere ver o que pasa no vello asilo,ou na vella Artística ou nas casas abandonadas de Poboadores ou do Berbés ou mesmo de Pi i Margall, pero é moi doado de ver.Centos de persoas viven nas rúas de Vigo, e dormen onde lles deixan ou poden.Moitas veces virámo-la cabeza, miramos para outro lado, pero están aí.Son moi fáciles de ver: na Princesa como zombies acabados de drogar, en Príncipe, en Beiramar a carón da Unidade Móbil de metadona do concello.Pululan por Abeleira Menéndez a prostituírense, andan polo centro revolvendonos colectores, bebendo litronas ás portas dos super en Rosalía de Castro, collendo cabichas en Teis ou pedindo esmola na Florida ou na Gran Vía.Ou é que ninguén os ve ata que saen na tele? Ou é que pensan que Catro ou Energy contrataron figurantes? O que sae nesa reportaxe foi verdade e é verdá* non é tan difícil de ver.Cómpre indignarse porque haxa centos de persoas que viven así en Vigo e non porque saian na tele.Esta xente qué quere?Xornalismo de postal?Galicia para el mundo ou Murcia que hermosa eres? Moi errados están.Iso é moi reseso e paleto tanto como descoñecer todo o que ocorre tan preto de nós.Pero aquí o que mola é a fachada e se non nos presta poñemo s smurais.Escaleiras mecánicas que van a ningunha parte e que por riba custan un millón de euros.Alí no vello asilo en que tantos deses nosos zombies urbán viven van practicar aquilo que máis saben: a política de fachada: conservar o frontal,derrubar o casarón, botar a rúa a toda esa xente e contruir lofts de luxo.Todo moi cool, política facha, política de fachada, pero por favor, que isto non saia na tele!!!

domingo, 8 de noviembre de 2009

Casco Belo? de Vigo

Corrían os últimos oitenta cando o Casco Vello era un lugar divertido. Un sitio ó que había que ir. Cheo de cousas novas e vellas e de contradiccións.
Unha rúa dos viños, na que non se tomaban viños; unha rúa Real que parecía irreal logo de catro copas. Un Tumba sen cemiterio, un Ovo sen galiña, un Pañuelo sen mocos e unha Bodega sen toneis, tamén había un Sanxenxo, aínda que non tiña turistas, senón paisanos.
Só as prazas como A Constitución non estaban demasiado ben. Ademais da parte alta: A Ferrería ou a Subida ó Castelo. Pasara o pesadelo da droga do final dos setenta e primeiros oitenta e tamén o esplendor comercial que viviran as nosas avoas na rúa do Triunfo, na Arca de Noé, na Cerería San José ou nos almacéns Ferro....
Ás portas mesmo había un puticlub de nivel: O Telmo´s que anunciaba "sexo en pista" en octavillas prendidas nos parabrisas dos vehículos e no que se non lembro mal estiveron algunha vez Julio Iglesias e Cicciolina.... próximo estaba un restaurante de sona:"La bella Napoli", e o Bar A Cepa e moitos máis. A rúa Palma acolleu tamén o xérmolo da vella reitoría da Universidade e a delegación da consellería de pesca contra ó ano 90.
E que foi de todo iso? Pasou alomenos un Urban a mediados dos 90 que ía salpicar millóns de pesetas neste lugar no que Vigo naceu. Pasaron catro gobernos que prometeron a rexeneración do barrio, pero ningún foi quen nin de sanealo, nin de mante-lo pouco que xa queda en pé.
Con Santiago Domínguez moitos tivemos a ilusión de que ía converte-lo noso pequeno Montmarte nun pequeno Allariz, pero tampouco foi.....
A estampa dos míticos soportais esfarélase diante dos nosos ollos sen que ninguén faga nada, a Pedra perdeu o seu encanto con esas pequenas tendas e coas teimosas redadas; quedan as ostras e o pavemento do plan E. Todo o demais se vén abaixo: teitos, columnas e trades mestras.
Os grandes investidores de Vigo adquiriron rúas, cuarteiróns e edificios enteiros, foi outro momento ilusionante do barrio. Pero ninguén move peza, todos agardan a que sexa outro o que rehabilite,venda e arrisque; os máis agardan como luras o tempo propicio de facer o negocio, de especular, de vender cando o barrio estea de moda, cando esteamos no novo Allariz ou no novo Chueca....
Mentres o barrio durme o seu peor pesadelo, nunca tan mal estivo, durme este horrible letargo do que só esperta contadas veces ó ano: o día do Cristo e o día da Reconquista. Durme como un zombie, rodeado de ionquis e de puntais que impiden a próxima caída....