Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Xornalistas multitarefa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornalistas multitarefa. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de octubre de 2018

A dixitalización

A chegada do curso político pegou forte na nosa empresa. Cambio de quendas, cambio de programa de escritura e cambio do programa de edición. Moi forte todo a un tempo.
Redúcense inicialmente os labores dos imprescindibles editores de vídeo e satúrase ós xornalistas con cen mil tarefas máis, anodinas, mecánicas e absurdas; semella que o de menos é redactar.
Primeiro pos o texto en negra, se non o programa no o recibe, logo tes que pódelo verde cando remates de ler. Antes pechas o programa e logo o volves a abrir noutro ordenador, senón o sistema se bloquea.
Primeiro pos os rótulos a man , logo pos os rótulos no sistema, senón o sistema se bloquea.
Tes que indicar a duración, senón o software se aturulla.
Logo tes que poñerlle o pé de saída máis cinco, aínda que sempre é máis cinco.
Terás que volver ó vídeo ver onde entra a entrevista e indicá-lo no menú é darlle unha duración estimada, senón o vídeo satura.
Terás que engadir un segundo por diante e cinco por detrás, senón o sistema se para.
Logo terás que revisar os audios aínda que non teñas idea, porque senón igual non se escoitan.
Mentres o operador se aburre e se consume mirando para ti, tentarás enviar o vídeo e asegurarte de que sae, porque claro senón o vídeo non entrará.
Durante o proceso deberás estar pendiente de poñer na escaleta:preparado|listo|xa / en montaxe ou a nai que te paríu.
Logo de envialo, chama a que refresquen, e cambias o texto de color, non sexa que o presentador se colapse ou o sistema se bloquee. Pero aínda te ha de dar tempo de transcribir as entrevistas por se acaso algún xordo está a ver o telexornal.
Todo é moi importante sí. Se esqueces calquera paso o vídeo pódese ir ó carallo; aínda te pode dar tempo de subir ó vídeo á web. Neste tempo é moi importante internet.
E nós? Non somos importantes? Non nos imos saturar, bloquear,esquecer, aturrullar, etc, etc.
E qué farán os técnicos de son, os de vídeo, os produtores, os grafistas, os printeiros é demais?
Cánto tempo aguantaremos así?