Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta a nosa xente.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a nosa xente.. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de julio de 2018

Señora de Coruxo

Coñecín a Señora de Coruxo nunha mobilización contra a praia para cans. A muller vive fronte á praia da Calzoa e moléstanlle moito os cans. Son moitos e van soltos segundo di e non respectan as zonas marcadas. Naquela reportaxe démonos o whatssap. Señora de Coruxo converteuse nunha activista social, agora as portas da terceira idá* chámoume das primeiras cando sacaron o pediatra de Coruxo con mil nenos que atender. De cando en vez lémbrame as mil mobilizacións que hai.Porque señora de Coruxo non está na casa a ver o Sálvame de Luxe, nen rañándoa no sofá. Señora de Coruxo baixa a praia cos netos, fai a comida e a merenda e logo consulta a axenda de mobilizacións. Con señoras como esta de Coruxo non desvalixaban o SERGAS, non!